Goretti.gal

Coas ideas claras

Coas ideas claras

Temos unha candidatura con representantes de asociacións veciñais, feministas, culturais, ecoloxistas, dos movementos sociais…

Un equipo preparado para gobernar Santiago de Compostela coa túa participación.

Queres coñecernos?

Un Santiago activo e feminista

Para vertebrar o concello, priorizaremos accesibilidade e mobilidade, con zonas de aparcadoiro público, humanización de rúas e mellora de transporte colectivo. Queremos situar as persoas primeiro, unha cidade histórica habitada e máis actividades nos barrios. Faremos unha cidade con ollos, espazos con xente, limpeza, iluminación e seguranza para as mulleres. Temos un plan de aproveitamento das infraestruturas da Universidade para a veciñanza.

Un Santiago activo e feminista
Para a creación de emprego

Para a creación de emprego

Apoiaremos o comercio de proximidade. Planificaremos un viveiro de empresas na zona histórica para diversificar actividades comerciais. Incentivaremos un turismo de calidade e desestacionalizado: deportivo, de raíces, de congresos, idiomático, interno…

Con interese social

Defendemos máis e mellores servizos públicos. Apoiaremos persoas e colectivos con necesidades. Pularemos por prazas de ensino infantil, centros de día e residencias para persoas con diversidade familiar. Xestionaremos para construír vivenda de protección pública. Afrontaremos o problema da pobreza, que ten, fundamentalmente, rostro de muller.

Con interese social
Melloras ambientais

Melloras ambientais

Impulsaremos unha planta de compostaxe e a nova depuradora. Aplicaremos un plan plurianual por un rural vivo e produtivo. Conectaremos as ribeiras fluviais do Sar e Sarela para convertelas en corredores verdes que, xunto con outros, servirán para dotar Compostela de sendas para peóns e ciclistas. Enerxía e dinamismo para unha cidade saudábel.

Capital cultural da Galiza

Santiago debe recuperar peso político, participación veciñal e cultural. Desenvolveremos iniciativas de memoria histórica e coordinaremos os espazos culturais. Potenciaremos a nosa lingua e converteremos Santiago nun referente en promoción do Patrimonio. Será punto de encontro da amizade.

Capital cultural da Galiza
Un programa participativo

Un programa participativo

Achega as túas ideas ao programa mediante esta aplicación de código QR ou ben directamente podes contactar connosco. Queremos contar contigo para incluír as túas propostas e iniciativas.

Programa