Fins Eirexas

Fins Eirexas

Nacín en 1967. Son licenciado en Xeoloxía pola Universidade de Oviedo; diplomado en Didáctica das CC. Experimentais pola USC.

Xeólogo e consultor ambiental até 2002.

Colaborador do Consello da Cultura Galega en proxectos conveniados coa USC sobre información ambiental e científica nos medios de comunicación (2002-2004).

Investigador do Departamento de Didáctica das CC. Experimentais da USC entre 2006 e 2010 participando en proxectos estatais e europeos sobre a argumentación e uso de probas en ciencias.

Membro da secretaría técnica de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), desenvolvendo dende 2006 até a actualidade labores de secretario executivo.
Militante do BNG dende os anos ’90.

Delegado sindical da CIG.