Helena Maio

Helena Maio

Son licenciada en Empresariais, traballo na CIG e son veciña das Cancelas.

Desenvolvín traballos de inspección tributaria, de xestión e de tramitación en tráfico e seguridade viaria e tamén na regularización do IAE no Concello de Santiago de Compostela.

Na actualidade, estou a facer un curso superior de relacións laborais porque considero fundamental ampliar coñecementos sobre os constantes cambios de lexislación que afectan ao mercado de traballo.

Creo que as reivindicacións do sindicalismo nacionalista e de clase contribúen a conseguir xustiza social ao reducir as discriminacións que padecemos como mulleres e como galegas. Por iso é fundamental a autoorganización e tomar conciencia para conseguir condicións laborais dignas, con políticas que freen a emigración e a precariedade, porque así tamén avanzamos para conseguir un país liberado.