Isabelle Kerdudo

Isabelle Kerdudo

Nacín en Lannion, Bretaña, hai 52 anos. Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Rennes, realicei a miña tesiña de Máster sobre o Entroido de Laza. Vin a Galiza estudar galego e levo 27 anos vivindo en Santiago de Compostela. Son profesora de francés na Escola Oficial de Idiomas de Santiago.

Fun secretaria da Agrupación Cultural O Galo. Cofundadora da Asociación Galega pro lactación materna MÁMOA. Activista animalista cofundadora da Asociación Pola Protección Animal ABEIRO e vocal da Asociación ecoloxista ADEGA.