Navia Rivas de Castro

Navia Rivas

Teño 26 anos e resido no barrio de San Pedro, estudei o Grao en Filosofía pola USC e un Máster Interuniversitario de Lóxica e Filosofía da Ciencia pola USC. Na actualidade estou desenvolvendo un proxecto de doutoramento en Lóxica e Filosofía da Ciencia, concretamente sobre explicación matemática.

No plano político participei no movemento estudantil nos Comités e comecei a militar en Galiza Nova e no BNG en 2013. Son integrante do Consello Nacional do BNG e fun responsábel comarcal da comarca da Montaña. En Galiza Nova son integrante da Comisión Permanente e a Dirección Nacional e responsábel de Relacións Internacionais.

Como afeccións podo sinalar a música tradicional e a música en xeral, a literatura (escribo poesía) e o deporte.