Patricia Gamallo

Patricia Gamallo

Nacín en 1983. Son música e docente. Licenciada en Filoloxía Galega. Licenciada en Filoloxía Hispánica. Mestra de Ensino Primario (Musical). Diploma de Estudos Avanzados en Lingüística Xeral.

Nacín en Laroá (A Limia), cheguei a Compostela no 2001 nos tempos do Nunca Máis e do Irak das Azores, desenvolvendo un intenso activismo estudantil, musical, como investigadora en diferentes proxectos en relación á diversidade lingüística, ás pedagoxías alternativas libertarias e como docente de galego en diferentes ámbitos (Cursos Internacionais USC, Certificados en Lingua Galega da Secretaría Xeral de Política Lingüística, Reverso Servizos Lingüisticos, Galicia Acolle…)

Na actualidade son educadora no proxecto Semente Compostela. Escola de Ensino Galego e nun Programa de Reforzo Orientación e Apoio no IES Marco do Camballón (Vila de Cruces).

Formo parte entre outras da Cooperativa Músicos ao Vivo e vén desenvolvendo unha intensa traxectoria como música ao vivo dentro e fóra do país cos proxectos:

Habelas Hainas. Formado por catro músicas feministas galegas.

Irmandiñas. Músicas en Pé de Festa. Xunto as compañeiras doutras bandas do país de diferentes estilos formados por mulleres activistas.

Adufeiras de Salitre. Proxecto de recuperación e dignificación do adufe na Galiza.