Sira Vidal Laxe

Sira Vidal

Profesora de Lingua e literatura galega no IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, cidade na que vive desde tempos de estudante. Na actualidade forma parte do Consello de Administración do xornal Sermos Galiza, como representante da AS-PG. Con anterioridade, desenvolveu actividade sindical na CIG-Ensino. Participa en diversas asociacións ecoloxistas, de defensa da lingua e do ensino público.