Xan Ferrás

Xan Ferrás

Son Xan Ferrás Vázquez. Teño 38 anos, nacín no barrio de San Lázaro e resido entre o barrio de Fontiñas e a rúa de San Pedro. Traballo no sector do metal desde hai máis de vinte anos, afiliado á CIG e militante do BNG de longo percorrido.

Amante da cidade de Compostela e da súa historia, ademais de defensor incansable do noso idioma e da nosa cultura. A este respecto, formo parte de agrupacións compostelás de música tradicional como o coro histórico Cantigas e Agarimos e os grupos Os Estalotes, os Enxebres de San Lázaro e Do Fondo do Peto, nun forte compromiso coa recuperación e mantemento da nosa tradición musical.