Xosé Quintáns

Xosé Quintáns

Nacín en Santiago de Compostela en 1962. Estou casado e son pai de dous fillos. Son veciño da parroquia de Figueiras.

Son técnico especialista en Hostelaría e Turismo e profesor técnico de formación profesional na Escola de Hostelaría de Santiago de Compostela desde o ano 1989.

Ademais, son presidente da Asociación veciñal de Figueiras “Nova Xeira” desde xaneiro de 2011. Vicepresidente da Federación de veciños do rural de Santiago (Ferusa) entre febreiro de 2016 e decembro de 2018.